Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A TÉCNICA DO BURRO E A CENOURA: O GOBERNO DO PP DEVOLVE AOS TRABALHADOR@S DA ADMON PUBLICA PARTE DO QUE LHES TALHOU

21 Set 2015

REAL DECRETO LEI DE MEDIDAS PARA OS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS

MEDIDAS EN MATERIA DE EMPREGO PÚBLICO

a) Recuperación de parte da paga extraordinaria e adicional dos empregados públicos correspondente ao ano 2012, cuxo importe será o equivalente a 48 días ou ao 26,23 por 100 do importe deixado de percibir. A Administración correspondente realizará o abono dentro do exercicio 2015, sempre que a súa situación económico-financeira o permita; de non permitilo, o abono poderá facerse no primeiro exercicio orzamentar en que dita situación o permita.

b) Modificación do Estatuto Básico do Empregado Público:

* Permiso por asuntos particulares:

6 días ao ano, con carácter xeral

* Permisos por asuntos particulares por antigüidade:

Poderán establecerse ata 2 días adiccionais ao cumprir o 6º trienio, incrementándose, como máximo, en 1 día adicional por cada trienio cumprido a partir do 8º.

* Vacacións:

Cada Administración poderá establecer ata un máximo de 4 días adiccionais de vacacións. Na Administración Xeral do Estado terase dereito a 23 días de vacacións ao ano aos 15 anos de servizo; a 24 días aos 20 anos, a 25 días aos 25 anos e a 26 días aos 30 anos de servizo.

No caso da Administración Xeral do Estado será directamente aplicábel en 2015, a gozar ata o próximo 31 de xaneiro.

No resto de Administracións Públicas, será directamente aplicábel en 2015 para os días de permiso por asuntos particulares, e a gozar ata o 31 de xaneiro. O resto (días por antigüidade e vacacións), a decidir por cada Administración.

Volver