Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A SEGURANZA SOCIAL HABILITA UNHA OPCIÓN PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA SEN CERTIFICACIÓN

18 Mar 2020

Esta opción será mantida entanto permaneza a situación provocada pola COVID19

Ante o pechamento da atención presencial  nas oficinas da Seguranza Social a partir do día 16 como medida de contención para a COVID19 e para dar resposta á necesidade de presentar informes, comunicacións ou solicitudes urxentes e imprescindíbeis, foi habilitada unha opción a través dos seguintes servizos:

Presentación de otros escritos, solicitudes y comunicaciones (Instituto Nacional de la Seguridad Social)

Presentación de otros escritos, solicitudes y comunicaciones (Instituto Social de la Marina)

Presentación de otros escritos, solicitudes y comunicaciones (Tesorería General de la Seguridad Social)

Até agora, este servizo só permitía o acceso con medios de autenticación electrónica (certificado dixital e cl@ve). A novidade está na incorporación da modalidade de acceso "sen certificado" para facilitar que calquera interesado/a, que non teña os medios indicados, poida presentar escritos e solicitudes.

Este acceso é provisional e será mantido entanto permaneza a situación provocada pola COVID19, debendo ser usado excepcionalmente, só para facer presentacións urxentes, que non poder ser adiada.

A presentación, ao non ser realizada mediante identificación electrónica, non é formalizada no Rexistro Electrónico da Seguridade Social nin inclúe sinatura, polo que non é suficientemente segura. O organismo da provincia seleccionada poderá contactar co interesado/a para a acreditación da súa identidade ou verificar a información e os datos enviados.

Para realizar consultas, é mantida a canle de teléfono 901 50 20 50 (TGSS) e 901 16 65 65 (INSS) ou a caixa de correo de consulta.

 

Volver