Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A REPRESENTACIÓN SINDICAL DA CIG NA E P SEAGA REUNIUSE CO DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA

30 Mai 2018

A xuntanza estaba solicitada hai máis dun mes

Hoxe, 30 de maio,  a representación sindical da CIG na E.P. SEAGA ,mantivo unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública da Xunta. Unha xuntanza que recordemos a todas e a todos solicitouse xa fai máis dun mes. Nesta xuntanza  a CIG trasladoulle a Función Pública  o malestar dos traballadores e traballadoras de SEAGA  por diversos motivos:

- Porque o anuncio da remodelación do servizo de extinción fíxose sen ter  en  conta  o futuro dos traballadores e traballadoras de SEAGA.

- Porque non se informou a Representación legal dos traballadores da  decisión tomada pola Función Pública e  pola Consellería de Medio Rural .

Solicitamos á Función Pública a modificación inmediata do Decreto para que se puntúe o tempo traballado en SEAGA. Esta medida é totalmente necesaria para que os traballadores da E P SEAGA de extinción de incendios poida acceder á oferta de emprego do ano que ven e integrarse no SPCIF. Explicámoslle, que un operativo experto e profesionalizado como SEAGA, non pode quedar fora do servizo de extinción da Xunta, pois sería perder a verdadeiros profesionais e tirar pola borda todos os cartos que a  Xunta leva gastado en SEAGA. Función Pública mostrouse disposta a estudar a nosa solicitude e seguir mantendo un diálogo ca representación sindical da CIG (maioría absoluta en SEAGA).

Seguiremos informando de todos os avances nos vindeiros días, entendendo que  as nosas reivindicacións foron recibidas  pola Función Pública e comprométense a estudalas e a ver a saída legal que se lle pode dar a maior brevidade posible.

 Ánimo Compañeiras e Compañeiros de SEAGA.

Saúde e Folga Xeral!!!!!!!

 

Volver