Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A policía local de Verín acorda novas accións de protesta ante a negativa do alcalde a negociar

10 Ago 2009

Deixarán de facer funcións que non son propias do corpo, como abrir e pechar instalacións como o cemiterio ou os recintos feirais

Como novas medidas de protesta, 16 dos 17 axentes do corpo da policía municipal de Verín acordaron, o pasado 28 de xullo, deixar de realizar funcións que non lles son propias como abrir e pechar instalacións como o cemiterio, os recintos feirais, instalacións deportivas…ou entregar notificacións.

 

Ademais decidiron elaborar un novo calendario de protestas para retomar as mobilizacións en setembro.

O conflito inciouse a finais do pasado ano, tras da negativa do alcalde a negociar o convenio colectivo. Vista a situación os axentes decidiron, como medida de presión, comezar por negarse a facer horas extra xa que tras dun intento de negocialas o alcalde ofrecíalles un prezo por hora extra inferior á hora normal.

O representante da CIG, Anxo García Torres explica que, neste intre, hai momentos do día e da noite nos que non hai en todo Verín nin un só policía pola rúa, algo que deixa indiferente ao alcalde que se limita a respostar que os traballadores/as deste corpo teñen que facer o que manda a relación de postos de traballo do concello, xusto o que os policías decidiron facer en diante.

Volver