A PLATAFORMA XUDICIAL CONVOCA MANIFESTACIÓN PRO DÍA 10 DE XULHO, ÁS 20.00 HORAS, EN RECLAMACIÓN DO MANTEMENTO DO XULGADO DE XINZO DE LIMIA
Os membros da Plataforma Xudicial reclaman aos Alcaldes da Limia que dean o paso e se ponhan onda os intereses dos vicinhos/as
Os membros da PX de Xinzo de Limia, reunidos na Casa da Cultura, o 18 de Xunho acordaron, unanimemente, convocar umha MANIFESTACIÓN POPULAR na vila de Xinzo de Limia, pro próximo día 10 de Xulho do 2014 (xoves), con saída da Praza Carlos Casares, a partires das 20.00 horas.
Complementarmente, decidiuse dirixir carta a todos os Alcaldes da Comarca da Limia invitándoos a integrarse na Plataforma, como xa fixeron os doutras comarcas, así como a participar activamente na Manifestación convocada pro día 10 de Xulho.
A marcha convocada será desenhada e organizada, tanto no seu aspecto publicitario, como no seu contido o próximo día 24 de Xunho do 2014, data da próxima reunión da Plataforma Xudicial.
Por outra banda, tamén se tomou a determinación de dirixirse, xunto coa Plataforma Xudicial de Verín, a todos os colectivos do resto dos Partidos Xudiciais da provincia, co obxecto de convocar, durante as próximas semanas, umha xuntanza en Ourense, de cara a avaliar a posibilidade de coordinar ás distintas Plataformas e Colectivos de Ourense, co obxecto de confluír numha grande mobilización provincial.
A P.X. de Xinzo de Limia fai un chamamento a toda a cidadanía limiá e aos seus representantes institucionais a que colaboren coa Plataforma e, sobre todo, participen na manifestación convocada pro 10 de Xulho, pra influír e presionar ao goberno a que dea marcha atrás e retire o Anteproxecto de Lei, polo que se suprimen os partidos xudiciais.