Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL CONSO FRIEIRAS OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

03 Ago 2019

Son pra 1 psicólogo/a, 1 logopeda e 1 traballador/a social, para o Servizo de Atención Temperá

A Mancomunidade Intermunicipal Conso Frieiras fai pública no BOP do 3 de agosto por resolución da presidencia, con data 31 de xullo de 2019, a aprobación das bases para a contratación de 1 psicólogo/a, 1 logopeda e 1 traballador/a social, para o Servizo de Atención Temperá.
Clase de persoal: laboral temporal a tempo completo.
Duración: ata o 31 de outubro de 2019.
Prazo de presentación de solicitudes: oito días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral da Mancomunidade Conso-Frieiras (situado no concello da Gudiña), en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Poderán consultar máis información nas bases específicas da convocatoria nas oficinas municipais desta mancomunidade ou na sede electrónica: http://mancomunidadeconsofrieiras.sedelectronica.gal

Volver