Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE SANTA AGUEDA BUSCA UN/HA CHÓFER DE TRACTOR ROZADORA

31 Ago 2019

Ofertan un contrato temporal a tempo completo

A Mancomunidade de concellos de Santa Águeda fai público no BOP do 31 de agosto o anuncio de convocatoria dun proceso de selección para a cobertura dun/ha condutor/a-chófer de tractor rozadora mediante o sistema de concurso de méritos e entrevista persoal. Unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de méritos e entrevista persoal de 1 condutor/a-chofer de tractor rozadora en réxime laboral temporal a xornada
completa, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento.
1. Número e denominación do posto: un (1) posto de condutor/a-chofer de tractor rozadora.
2. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo de duración determinada a tempo completo.
3. Sistema de selección: concurso de méritos e entrevista persoal.
4. Bases da convocatoria: o texto íntegro das bases de selección está publicado na sede electrónica http://mancomunidadesantaagueda.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios da Mancomunidade.
5. Prazo e lugar de entrega de solicitudes: cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no Rexistro Xeral da Mancomunidade de concellos Santa Águeda, na Pena, s/n, 32101, Vilamarín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Volver