Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DO CONCELLO DE VERÍN OFERTA UN POSTO DE EDUCADOR/A SOCIAL

20 Mar 2018

Farán un contrato por obra ou servizo

A mancomunidade de municipios de Verín fai público no BOP do 20 de marzo o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal que se indica a continuación segundo as bases aprobadas por decreto da presidencia con data 15.03.2018.
Número de prazas: 1
Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo.
Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2018.
Denominación do posto: educador social.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: No prazo dos 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación
do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense; no Rexistro Xeral da Mancomunidade, na r/ Cancelón, 1, 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas. O texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

Volver