Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE VERÍN OFERTA UN POSTO TEMPORAL DE TRABALLADOR/A SOCIAL

22 Mai 2018

O contrato ten unha duración de tres meses

A Mancomunidade de Municipios de Verín fai público no BOP do 22 de maio o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal, segundo as bases aprobadas por Decreto da Presidencia de data 16.05.2018 para unha praza con con contrato por obra ou servizo determinado a tempo completo e duración do contrato de tres meses para o posto de traballador/a social da mancomunidade de municipios de Verín. O prazo de presentación das solicitudes sera de 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP de Ourense; no Rexistro Xeral da Mancomunidade na r/ Cancelón, 1 - 32600 Verín (Ourense) en horario de 9.00 a 14.00 horas. A exposición do texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina Web da Mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na páxina Web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín www.mancoverin.es

Volver