Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE VERÍN CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLADOR@S SOCIAIS

15 Out 2019

Trátase dun concurso oposición

A Mancomunidade de Municipios de Verín publica no BOP do 15 de outubro o anuncio de selección de persoal para a creación dunha bolsa de traballo de traballadores/as sociais para os servizos sociais da mancomunidade. A Presidencia da mancomunidade, mediante resolución do 8 de outubro de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para creación dunha bolsa de traballo de traballadores/as sociais para os servizos sociais da mancomunidade.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro da mancomunidade durante o prazo de cinco días hábiles, seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público na mancomunidade e publicadas integramente na sede electrónica e na web da mancomunidade (www.mancoverin.es).

Volver