Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE SANTA AGUEDA OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS PARA O CIM

21 Mar 2018

Son prazas temporais para un/ha asesor/a xurídico un/ha psicólogo e un/ha dinamizador/a

A mancomunidade de municipios de Santa Agueda fai pública no BOP do 21 de marzo a convocatoria para a contratación laboral temporal dun/ha asesor/a xurídico/a - director/a, psicólogo/a e dinamizador/a do territorio con enfoque de xénero mediante o sistema de concurso de méritos. Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con carácter laboral temporal dun/dunha (1) asesor/ a xurídico/a – director/a, dun/ha (1) psicólogo/a e dun/ha (1) dinamizador/a do territorio con enfoque de xénero, mediante concurso de méritos a xornada parcial, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:
1. Número e denominación do posto: un (1) posto de asesor/a xurídico/a – director/a, un (1) posto de psicólogo/a e un (1) posto de dinamizador/a do territorio con enfoque de xénero para o CIM Santa Águeda.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada a xornada parcial.
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de edictos da Mancomunidade.
5. Prazo e lugar de achega de solicitudes: catro (4) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio (21/3/18).

Volver