Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE CELANOVA ABRE UNHA BOLSA DE EMPREGO

18 Xul 2017

Cubrirá postos vacantes nos servizos de axuda a domicilio e na recollida do lixo

A mancomunidade de municipios Terras de Celanova fai público no BOP do 18 de xullo a convocatoria dunha bolsa de emprego. A asemblea desta mancomunidade, na sesión realizada o día 3 de xuño de 2017 acordou a aprobación das bases da convocatoria para constituír unha bolsa de emprego, polo sistema de concurso, para cubrir, mediante contrato temporal, postos vacantes nos servizos de auxiliar de axuda a domicilio e condutor@s do servizo de recollida de lixos na mancomunidade Terra de Celanova. As devanditas bases atópanse publicadas no taboleiro de anuncios da Mancomunidade Terra de Celanova. A partir da publicación deste anuncio e no prazo fixado nas devanditas bases, calquera persoa pode solicitar a súa inclusión na devandita bolsa de traballo.

Volver