Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CARBALLIÑO BUSCA 3 CHÓFERES DE MOTOBOMBA

24 Xul 2019

Ofertan un contrato de 3 meses de duración

A mancomunidade de concello do Carballiño fai pública a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación no boletín oficial da provincia do 24 de xullo:
Número e denominación das prazas: 3 condutoras/es encargadas/os do manexo do vehículo motobomba para a defensa contra incendios forestais.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
Duración do contrato: 3 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP do anuncio de convocatoconvocatoria, no rexistro xeral da mancomunidade dos concellos do Carballiño en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas na Mancomunidade dos concellos do Carballiño en horario de oficina e na sede electrónica:http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal/

Volver