Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE CONCELHOS DE VERÍN SÚMASE Á PLATAFORMA EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL E APOIA A MANIFESTACIÓN COMARCAL DO DÍA 12 DE XUNHO

05 Xun 2014

Os Concelhos de Monterrei e Laza aproban mocións en defensa do Partido Xudicial, como xa fixeran os de Castrelo do Val e A Mezquita

Tras a reunión mantida, no día de hoxe, por membros da Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Verín, co Presidente da Mancomunidade de Concelhos de Verín: José Luís Suárez Conde, alcanzáronse os seguintes acordos:

1.- A Mancomunidade de Verín intégrase oficialmente na Plataforma en defensa do Partido Xudicial; estando representada por Vicente Gómez, por Decreto da Presidencia do ente público.

2.- A Mancomunidade de Verín súmase á Manifestación do día 12 de Xunho, comprometendo a súa asistencia o Presidente, quen, ademais, asinou o manifesto da Plataforma contra a supresión do Partido Xudicial.

Por outra banda, o Presidente da Mancomunidade informou aos membros da Plataforma que, onte, o Concelho de Monterrei aprobou umha moción contra a supresión do Partido Xudicial e hoxe está previsto que faga o proprio o Concelho de Laza.

En consecuencia, a Plataforma en Defensa do Partido Xudicial avalía positivamente os pasos dados pola institución e espera que estas decisións servan para que todos os Concelhos da Comarca se sumen á Plataforma, co obxecto de paralizar a supresión do Partido Xudicial.

Volver