Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE VERÍN OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL

10 Xun 2017

É para un/ha traballador/a social

A mancomunidade de concellos de Verín fai público no BOP do 10 de xuño o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal segundo as bases aprobadas por decreto da presidencia de data 06/06/2017 para 2 prazas con modalidade de contratación mediante contrato por obra ou servizo determinado a tempo completo. A duración dos contratos pra un deles para cubrir a baixa por I.T. dunha traballadora social do servizo; o outro por tres meses. A denominación do posto traballador/a social da Mancomunidade de Municipios de Verín. O prazo e lugar de presentación das solicitudes será de 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación no BOP de Ourense (10/6/17); no rexistro xeral da mancomunidade na r/Cancelón, 1-32600 Verín (Ourense), en horario de 9:00 a 14:00 horas. O texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

Volver