Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE VERÍN OFERTA UNHA PRAZA DE EDUCADOR/A SOCIAL

20 Abr 2019

Ofertan un contrato de obra ou servizo

A mancomunidade de concellos de Verín fai público no BOP do 20 de abril o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal, segundo as bases aprobadas por decreto da presidencia de data 16/04/2019 para unha prazas con modalidade de contratación mediante contrato por obra ou servizo e duración do contrato deica o 31 de decembro de 2019 de educador/a social. O prazo e lugar de presentación das solicitudes farase nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense, no rexistro xeral da Mancomunidade na r/ O Castro, 4, baixo esquerda, 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas. A exposición do texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade de concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es)

Volver