Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE SANTA AGUEDA OFERTA UNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

10 Mar 2018

Trátase dun contrato para a cobertura de baixas por IT

A mancomunidade de concellos de Santa Agueda fai público no BOP do 10 de marzo a convocatoria para a contratación laboral temporal dun/ha traballador/ a social mediante o sistema de concurso de méritos. Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con carácter laboral temporal dun (1) posto de traballador/a social, mediante concurso de méritos para a cobertura da situación de baixa por I.T., permiso de maternidade e lactación, a xornada completa, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:
1. Número e denominación do posto: un (1) posto de traballador/a social para os servizos sociais comunitarios da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda, para a cobertura da baixa por I.T., de ser o caso, permiso de maternidade e lactación, da traballadora social adscrita á UTS de Amoeiro.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada a xornada completa.
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de edictos da mancomunidade.
5. Prazo e lugar de achega de solicitudes: cinco (5) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP, no rexistro xeral da mancomunidade de concellos Santa Águeda en A Pena, s/n, 32101, Vilamarín (Ourense), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Volver