Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE SANTA AGUEDA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

11 Mar 2019

Son para asesor/a xurídica, psicologa/o e dinamizador/a

A mancomunidade de concellos de Santa Águeda fai público no BOP do 11 de marzo o anuncio de convocatoria dun proceso de selección para a cobertura dun/ha asesor/a xurídico/a-director/a, psicólogo/a e dinamizador/a do territorio cun enfoque de xénero mediante o sistema de concurso de méritos e entrevista persoal para o CIM Santa Águeda. Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con carácter interino baixo a modalidade establecida no artigo 10.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público e co artigo 23 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia en consonancia co artigo 200 do mesmo texto legal, mediante concurso de méritos e entrevista persoal, publícase resumida a convocatoria para xeral coñecemento:

1. Número e denominación do posto: un (1) posto de asesor/a xurídico/a-director/a, un (1) posto de psicólogo/a e un (1) posto de dinamizador/a do territorio con enfoque de xénero para o CIM Santa Águeda.

2. Modalidade de contratación: funcionario interino a tempo parcial.

3. Sistema de selección: concurso de méritos e entrevista persoal.

4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de edictos da mancomunidade.

5. Prazo e lugar de achega de solicitudes: catro (4) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda en A Pena, s/n, 32101 Vilamarín (Ourense), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos

medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Volver