Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE VERÍN OFERTA POSTOS PARA DOCENTES DE CURSOS AFD

05 Nov 2018

Trátase de tres cursos e para os módulos transversais

A mancomunidade de concellos da comarca de Verín fai público no BOP do 5 de novembro o anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Decreto da Presidencia con data 30/10/2018. Número de prazas: un docente para cada curso e un monitor para cada módulo, con bolsa de contratación:
Cursos:
- Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (458 horas)
- Xestión contable e xestión administrativa para auditoría (648 horas)
- Xestión integrada de recursos humanos (808 horas)
Módulos transversais:
- Formación para igualdade
- Inserción laboral e sensibilización
Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo determinado a tempo parcial.
Duración do contrato: duración dos cursos ou módulos a impartir.
Denominación dos postos: docentes para impartir cursos e módulos AFD/2018.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: No prazo dos 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense; no Rexistro Xeral da mancomunidade, na r/ O Castro, 4, baixo esqda., 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas. Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web da mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na paxina web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

Volver