Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS OFERTA UN POSTO DE TRABALLO

21 Nov 2017

É unha praza para un/ha axente de igualdade para o CIM

A mancomunidade Conso-Frieiras publica no BOP do 21 de novembro por resolución da presidencia con data 16 de novembro de 2017, a aprobación das bases que rexerán a contratación da seguinte praza de axente de igualdade para o Centro de Información á Muller (CIM), con duración do contrato até o 31 de marzo de 2017. O prazo de presentación de solicitudes é de oito días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (ampliación publicada o 25 de novembro), no rexistro xeral da Mancomunidade Conso-Frieiras (situada na casa do concello da Gudiña), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Poderán consulta máis información nas bases específicas da convocatoria nas oficinas desta mancomunidade ou no portal de transparencia desta, na sede electrónica http://mancomunidadeconsofrieiras.sedelectronica.gal

Volver