Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS BUSCA UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

27 Xun 2018

Cubrirá unha baixa de maternidade

A Mancomunidade de municipios Conso Frierias fai público no BOP do 27 de xuño, por resolución da presidencia con data 08 de xuño de 2018, a aprobación das bases que rexerán a contratación de persoal laboral temporal a tempo completo dun/ha traballador/a social, mediante contrato de interinidade para a substitución de baixa por maternidade da actual traballadora social. A duración da contratación terá carácter temporal a xornada completa e remate con data de alta da actual traballadora social. O prazo de presentación de solicitudes é de oito días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral da Mancomunidade Conso-Frieiras (situada na casa do concello da Gudiña), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Poderán consultar máis información nas bases específicas da convocatoria, nas oficinas desta mancomunidade ou no taboleiro de anuncios desta, ademais na sede electrónica: http://mancomunidadeconsofrieiras.sedelectronica.gal

Volver