Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS BUSCA UN/HA AXENTE DE IGUALDADE

23 Mar 2018

É un contrato temporal a tempo parcial

A mancomunidade intermunicipal Conso Frieirias publica no BOP do 23 de marzo, por resolución da presidencia con data 21 de marzo de 2018, a aprobación das bases para a contratación de 1 axente de Igualdade, para prestar servizos no Centro de Información á Muller (CIM).
Clase de persoal: laboral temporal a tempo parcial (20 horas semanais).
Duración: ata o 31 de marzo de 2019.
Prazo de presentación de solicitudes: oito días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (23/3/2018), no rexistro xeral da mancomunidade Conso-Frieiras (situado no concello da Gudiña), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Poderán consultar máis información nas bases específicas da convocatoria nas oficinas municipais desta mancomunidade ou na sede electrónica: http://mancomunidadeconsofrieiras.sedelectronica.gal

Volver