Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNICADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN BUSCA A UN/HA TÉCNICA/O DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

29 Mai 2019

Terá un contrato por obra ou servizo de tres meses de duración

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín fai público no BOP do 29 de maio a anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal que se indica a continuación segundo as bases aprobadas por Decreto da Presidencia de data 24/05/2019. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo. Duración do contrato: tres meses Denominación do posto: técnico/a de información turística. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: no prazo dos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense; no Rexistro Xeral da Mancomunidade, na rúa O Castro, 4, baixo esquerda, 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas. Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleirode anuncios e na páxina web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

Volver