Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Plácido Valencia Secretario FCM CIG
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A FEDERACIÓN DA CONSTRUCIÓN RECLAMA MEDIDAS PARA EVITAR OS ACCIDENTES NAS OBRAS DO AVE

01 Dec 2017

O enésimo accidente grave nas obras do AVE de Cerdedelo a Laza leva á CIG a facer unha dura crítica aos órganos de control da seguridade

Coma xa temos dito, en innumerábeis ocasións, as obras realizadas con diñeiro público tornan ser noticia, por estar dirixidas mais ao negocio de certas empresas, que a prestar servizos á cidadanía.

O entramado descontrolado de UTEs e empresas subcontratadas revélase como un coctel pernicioso para a seguridade no traballo e para os dereitos dos opoerarios/as e, sobre todo, cando o goberno do Partido Popular e a propria Inspección de Traballo e Seguridade Social, fan deixación de funcións e non poñen as medidas precisas para evitar iste regueiro de sinistros, por moita denuncia que fagamos.

A CIG formulará, porén, unha nova denuncia perante a INSPECCIÓN DE TRABALLO DA SEGURIDADE SOCIAL de OURENSE, a fin de lle reiterar a necesidade, non de ir pasear polos túneis do AVE da mau dos encargados/as e dos xefes das obras, senón de comparecer nisas instalacións a falar cos traballadores e traballadoras, con reserva e privacidade para evitar represalias, e investigando con medios profesionais as condicións terceiromundistas das obras do AVE.

É paradoxal que unha infraestrutura que pasa por ser de ALTA TECONOLOXÍA se estea a construír nunhas condicións TERCEIROMUNDISTAS.

En Ourense, a 1 de Decembro do 2017

Plácido Valencia Rodríguez

Secretario Nacional da FCM da CIG

Volver