Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A fábrica da Vidreira do Atlántica volverá parar o domingo 25 nunha nova folga pola "intransixencia empresarial" na negociación

23 Xan 2009

Propoñen desde a dirección novas reducións de pluses

Anxo García Torres, responsábel da CIG neste conflito, subliñou que ‘lonxe de achegar posturas, a empresa fai que cada vez estean máis distanciadas, xa que a dirección muda o seu posicionamento e cada vez expón cuestións máis inasumibeis’. Engade que a empresa "negocia sobre posturas inmobilistas, e ademais de querer suprimir o plus de actividade até deixalo nun 26%, quere tamén reclasificar as categorias, eliminar a retribución voluntaria e o plus de responsabilidade e conxelar a antigüidade".

Asi Anxo García indica que "dá a impresión de que non querer acordar nada, que nos están a utilizar neste conflito para presionar á Administración, ou porque podan querer en realidade unha redución do persoal, pero é que o que non imos permitir é que con todas as supresións de pluses que propoñen, pois que finalmente pasemos a percibir só o salario mínimo interprofesional, o que é degradante".

Folga do domingo

O domingo 25 de xaneiro ás 22 da noite comezará unha nova folga, que afectará a catro quendas, e que contará cunha maior organización, "instalaremos unha carpa fronte á factoría, e estaremos ali concentrados xa desde as nove e media da noite". 

O representante da CIG informou de que os servizos mínimos propostos polas centrais sindicais para a folga do domingo foron aceitados pola parte empresarial, "polo que desta volta si que temos asegurada a destrución da produción que se realice durante estes paros".

Reducir costes co achegamento do gaseoducto

Desde as centrais sindicais propuxeron para reducir costes "e que non teñamos que pagar os traballadores os problemas económicos que poda ter a empresa, manter unha reunión coa Consellaria de Industria, para que o gaseoducto, que é a fonte enerxética desta factoría, que está a oito quilómetros, pois que se consiga achegar até o polígono de Xinzo, o que conlevaría unha importante redución nos costes de fabricación, "xa que até o 50% do prezo final dunha botella depende da enerxía e o custe que teña esta", rematou sinalando Anxo García, que engadiu que xa están traballando na actualidade para que moi pronto se concrete esta xuntanza coa Administración.

Volver