Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A EGAP CONVOCA AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTÍNUA PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA XUNTA

16 Feb 2018

Publicouse no DOG do martes 14

No Dog do martes día 14 de febreiro publicouse a resolución do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web co plugin de flash.
Podedes consultar os cursos no dog de hoxe mércores 14 de febreiro, e/ou no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180214/AnuncioO150-240118-0001_gl.pdf

Volver