Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A E P SEAGA ABRE O PRAZO DE ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS E NOVAS INCORPORACIÓNS NAS LISTAS PREVIAS

01 Out 2018

Faino en 20 categorías

A E P Seaga fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos por parte das/dos integrantes das listas previas e/ou, de ser o caso, d@s nov@s candidatos a ser incluídos nas mesmas. Dacordo co disposto no apartado 2.1. l O das bases xerais para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. de 27 de abril de 2010 (D.O.G de 28/04/2010), aperturan o prazo para a presentación da documentación correspondente á actualización de méritos por parte d@s integrantes das listas previas que se relacionan a continuación e/ou, de ser o caso, das/dos novas/os candidatas/os a ser incluídos/as nas mesmas:

Enxeñeir@ de Montes
Enxeñeir@ Agrónom@
Enxeñeir@ Técnic@ Forestal
Enxeñeir@ Técnic@ Agrícola
Enxeñeir@ de Camiños, Canles e Portos
Enxeñeir@ Técnic@ de Obras Públicas
Arquitect@
Arquitect@ Técnic@
Capataz
Xef@ de Brigada
Maquinista-condutor_a
Pión Especialista
Pión
Oficial Administrativ@
Auxiliar Administrativ@
Licenciad@ en Dereito
Biólog@
Técnic@ de Laboratorio
Titulad@ en Ciencias do Mar

Documentación a presentar polos interesad@s:
O proceso de cualificación d@s nov@s candidat@s, e actualización de méritos dos integrantes das listas previas, axustarase ao disposto nas bases xerais e bases específicas da correspondente convocatoria para cada categoría profesional:
No caso de integrantes das listas previas que só desexen actualizar méritos, estes deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axuste ao recollido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional.
No caso de nov@s candidat@s, estes deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional recóllese no apartado "Solicitudes" das correspondentes bases específicas. A actualización dos méritos serán computables ata o día 30 de setembro do 2018. No caso dos traballadores que prestaran ou presten servizos en SEAGA a esa data, a actualización de méritos correspondentes aos períodos traballados nesta empresa efectuarase de oficio por parte de SEAGA.
Presentación de renuncias e modificación de ámbitos e/ou perfis.
Os integrantes de a lgunha lista previa que non desexen seguir formando patte da mesma, poderán presentar renuncia escrita ante o Director-Xerente de SEAGA, indicando a categoría profesional a que renuncian, no prazo e lugar os que se fai referencia no apartado cuarto da presente resolución. O mesmo prazo rexerá para os candidatos que estando inscritos nalgunha lista previa desexen modificar o ámbito territorial ou perfil profesional.
Lugar e prazo de presentación:
As solicitudes ou actualización de méritos di rixiranse ó Director-Xerente de SEAGA, e a súa presentación poderase facer:
-nas oficinas de rexistro de SEAGA, sitas no Po lígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela - A Coruña, de luns a xoves en horario de 9:00 h a 14:00h e de 16:00 a l 7:30h e os venres en horario de 9:00h a 14:00h.nas oficinas de rexistro de SEAGA, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, sitas en:
-Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parcela 17, 27003-Lugo
-Pol. San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1) Parcela 1-G Nave 3, 32911-San Cibrao das Viñas - Ourense
-Lugar Cabanas-Salcedo, nº 54, 36143-Pontevedra
-Estrada N. VI, Km 5 81, 15640 Guísamo-Bergondo
-nas oficinas do Organismo Estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación de dita presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envío que se entrega o cliente por parte do Organismo Estatal de Correos como a copia da solicitude ó proceso de selección) O apartado 2.1 . l O das bases xerais para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A establece o prazo de actualización de méritos por parte dos integrantes das listas ou dos novos candidatos a ser incluídos dende o día O 1 ata o 15 de outubro de cada ano. Non obstante, acórdase unha ampliación ata o 31 de outubro de 2018.

SE QUERES DESCARREGAR OS COMUNICADOS ABRE OS PDF QUE ESTÁN DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA OU ENTRA NA WEB www.epseaga.com

Volver