Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Comunicado da CIG Administración Pública
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A DEVOLUCIÓN DA PAGA EXTRA DE 2012, POLA XUNTA DE GALIZA, EN MINÚSCULAS DOSES ELECTORAIS

16 Xan 2015

Comunicado da CIG-Administración Pública sobre o anuncio de devolución da paga extra de 2012 feito pola Xunta do PP

O 23 de decembro o Director Xeral de Función Pública, contra o que di a Lei de Orzamentos do 2015, mantivo que se ía devolver en xaneiro o 12,5% da extra do 2012 a todos/as os/as empregados/as públicos/as da Xunta. Isto era parte  do plan de devolución da extra que implicaba a devolución doutro 12,5 % en abril, o 50% no 2016 e o 25% no 2017. Unha maravilla.

Iso eran as declaracións do Director. Pero a nós non nos cadran as contas cando o único sobre este asunto, que está recollido nunha norma, é unha devolución de máis ou menos o 12,5% da extra para funcionarios/as e o 5% para os laborais que se deduce da DA 17 da Lei de Orzamentos

O panorama que temos ata o de agora é o seguinte:
• O persoal funcionario vai cobrar 22 días da extra e 7 días da paga adicional, que ven sendo un 12,5% do total da extra.
• O persoal laboral vai cobrar 7 días da extra e 7 días da paga adicional, o que ven sendo un 5% da extra.
• O Estado dita unhas instrucións para que o seu persoal saiba como ten que facer para cobrar, incluídos modelos de solicitude.
• A Xunta envía unhas instrucións ás habilitacións, pero non ao persoal, e as consellarías fan o que consideran.
• Nas instrucións se di claramente que todo/a aquel que teña unha nómina activa na Xunta a 31 de decembro de 2014 vai cobrar de oficio, e que o CIXTEC se vai encargar de remitir os listados a cada consellaría. Habilitacións, como as de Traballo e Benestar fan caso omiso das instrucións e esixen solicitude previa daquelas persoas que tiveran
concursado, etc.

Polo tanto:
1. Non se nos aclara onde esta orzamentado e en que norma legal se contempla a devolución do mes de abril (seguindo a Lei de orzamentos, todo o pagamento sería na nomina de xaneiro).
2. Se discrimina ao persoal laboral que vai ver como a súa devolución é a terceira parte da do persoal funcionario.
3. Non se informa ao persoal de se teñen que presentar solicitudes ou se a devolución se fai de oficio, ao contradicir as instrucións das habilitacións o que di a Lei de Orzamentos.
4. Algunhas consellarías fan caso omiso das instrucións conforme todos os que teñan nómina activa van cobrar de oficio.

En resumo, caos, mintiras e discriminación

Volver