Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A DEPUTACIÓN OFERTA UN POSTO DE OPERARI@ DE LIMPEZA

11 Xul 2017

Traballará no concello de Carballeda de Valdeorras

A deputación de Ourense fai públicas no BOP do 11 de xullo as bases dun/dunha operario/a de limpeza viaria para o concello de Carballeda de Valdeorras. A convocatoria é para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia que se indica a continuación, segundo decreto da presidencia de data 6 de xullo de 2017:
1.- Número e denominación da praza: un/unha operario/a limpeza viaria para o Concello de Carballeda de Valdeorras.
2.- Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción a media xornada.
3.- Duración do contrato: tres meses máximo.
4.- Retribución: 488.95 euros brutos mensuais (prorrata paga extra incluída).
5.- Sistema de selección: o procedemento selectivo será sempre o concurso, aplicándose para estes efectos o baremo establecido no artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP 1 de agosto de 2014).
6.- Perfil requirido para a contratación: agrupación profesional sen requisito de titulación.
7.- Prazo e lugar para a presentación de instancias: 5 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no BOP (11/7/17) e na sede electrónica da deputación, no rexistro xeral de entrada de documentos da deputación provincial de Ourense ou a través de calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, rógase que se envíe copia da instancia ao número de fax (988 317 502) á espera de recibir o orixinal por correo ordinario.

Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver