Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A DEPUTACIÓN DE OURENSE OFERTA UN POSTO DE MESTR@ DE MÚSICA

31 Out 2018

Trátase dun contrato a tempo parcial

A deputación de Ourense fai públicas no BOP do 31 de outubro as bases para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia dun/dunha mestre/a de gaita para a Escola Provincial de Gaitas a tempo parcial; convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia que se indica a continuación, segundo Decreto da Presidencia con data 22 de outubro de 2018

1.- Número e denominación da praza: un/unha mestre/a de gaita para a Escola Provincial de Gaitas (tempo parcial).
2.- Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción a media xornada.
3.- Duración do contrato: tres meses máximo.
4.- Retribución: 1.002,85 euros brutos mensuais.
5.- Sistema de selección: o procedemento selectivo será sempre o concurso, aplicándose para estes efectos o baremo establecido no artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP do 1 de agosto de 2014).
6.- Perfil requirido para a contratación: título de Bacharelato,Técnico ou equivalente.
7.- Prazo e lugar para a presentación de instancias: 5 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e na sede electrónica da Deputación, noRexistro Xeral de entrada de documentos da  Deputación Provincial de Ourense ou a través de calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, rógase que se envíe copia da instancia ao número de fax (988 317 502) á espera de recibir o orixinal por correo ordinario.
8.- Solicitudes, contido e documentación anexa:
7.1. Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude, ademais da titulación o currículo profesional que xustifique que dispoñen da debida cualificación para o desenvolvemento das tarefas obxecto do contrato, así como os méritos que estimen oportuno alegar.
7.2. Os méritos deberán acreditarse a través dos seguintes medios:
- As titulacións académicas, mediante copia auténtica do correspondente título oficial ou do xustificante de cumprir os requisitos e ter satisfeito os dereitos para a súa expedición.
- Os cursos de formación, mediante certificado expedido pola entidade promotora da acción formativa, onde conste a denominación do curso e o seu número de horas. A certificación deberá incluír ademais a circunstancia de ter superado a proba de avaliación establecida para a obtención do diploma ou certificación, de ser o caso.
- Os servizos prestados en postos da mesma unidade administrativa ou cun contido funcional semellante ao convocado, mediante certificación do órgano competente da Deputación ou da administración pública de que se trate, especificando as funcións correspondentes ao posto de que se trate. Non será necesario achegar a documentación acreditativa dos méritos, dado que no suposto en que esta documentación non obre no expediente persoal dos interesados, a Deputación emitirá de oficio os documentos correspondentes ou, no caso de que setrate de documentos que non obren no seu poder ou deban ser emitidos por outras administracións públicas, obterá estes por medios electrónicos, a través das plataformas de intermediación de datos coas administracións competentes ou mediante outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, sempre que non conste a oposición expresa do interesado. Para estes efectos, teñen a consideración de documentos elaborados por outras administracións públicas, os seguintes:
a.1) Titulacións académicas.
a.2) Certificacións de cursos de formación non promovidos pola Deputación, valorables como mérito.
a.3) Certificación de servizos prestados noutras administracións públicas. De conformidade co establecido no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), presumirase que os solicitantes autorizan á Deputación de Ourense para que esta consulte ou obteña os documentos elaborados por outras administracións públicas a que se refiren os apartados anteriores, agás  que manifesten expresamente o contrario nas súas solicitudes. Neste caso, os interesados deberán achegar copia auténtica dos documentos correspondentes. Excepcionalmente, se a Deputación non puidese obter os ditos documentos, poderá solicitar ao interesado a súa achega, outorgándolle un prazo de quince días naturais. En todo caso, os datos e documentos obtidos utilizaranse exclusivamente para as finalidades deste procedemento selectivo.
9.- Órgano de selección: a selección da persoa contratada realizarase por un tribunal que está constituído por:
- Presidente: don Manuel Valentín Pérez Nieto (adxunto ao xefe do Servizo de Recursos Humanos, Formación e Réxime Interior).
- Vogais: don José Manuel Garrido Rodríguez (mestre de Gaita da Escola de Gaitas), don Francisco González Bouzán (director Centro Cultural), don Manuel Franqueira Conde (mestre de danza, canto e pandeireta da Escola de Danza) e dona Ana Malingre Rodríguez (xefa da Sección de Arquivo e Publicacións).
- Secretaria: dona María Ángela Garrido Movilla (xefa do Negociado de Administración e Control).
10.- Proceso selectivo e baremo: unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal pasará a resolver sobre a admisibilidade a trámite das solicitudes e a valoración das admitidas, segundo o seguinte baremo e de conformidade co artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense:
a) Polos servizos prestados na mesma ou análoga categoría profesional: 0,15 puntos por mes ou fracción (acreditarase, no caso de servizos prestados en administracións públicas, mediante certificación expedida pola Administración correspondente e para o resto de servizos prestados mediante informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e mediante orixinal ou copia cotexada dos contratos de traballo).  Entenderase por categoría profesional análoga aquela coa que a prevista nas bases garde unha relación de identidade esencial. O cómputo realizarase sumando o tempo total de servizos prestados expresado en días e dividíndoo por trinta, aplicándolle ao cociente resultante o coeficientede puntuación que corresponda segundo o baremo.
b) Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do acordo de formación continua para as administracións públicas ou formación ocupacional, relacionado coas funcións para desenvolver:
- Por cursos de 20 a 59 horas: 0,5 puntos por curso.
- Por cursos de 60 a 99 horas: 0,75 puntos por curso.
- Por cursos de 100 ou máis horas: 1 punto por curso.
(Acreditarase mediante copia cotexada do diploma ou certificado do curso correspondente).
Os méritos que aleguen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, acreditaranse de conformidade co previsto no punto 7.2. das presentes bases,significándose que non se valorarán aqueles méritos que o tribunal considere que non estiveran suficientemente acreditados. Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias. Terminada a fase de valoración o tribunal elevará a proposta á Presidencia da Deputación, que resolverá conforme a dita proposta, agás no suposto en que advirta que a dita proposta incorre en vulneración da legalidade vixente, en cuxo caso devolverá a proposta o tribunal para a súa emenda no sentido que proceda.
11.- Recursos: contra esta resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante esta Presidencia, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Volver