Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Bases e formularios de Inscrición
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A DEPUTACIÓN DE OURENSE ABRE O PRAZO PRA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE CONTRATACIÓN TEMPORAL

31 Dec 2014

Dende o 9 de Decembro do 2014 ao 9 de Xaneiro de 2015 poderán presentarse solicitudes de inclusión nos listaxes de contratación temporal (Grupos C2 e Agrupacións Profesionais)

A Deputación Provincial de Ourense publicou no Boletín Oficial da Provincia nº 281, do 9/12/14, as Bases reguladoras da convocatoria de elaboración e aprobación dos listaxes pra contratación de persoal laboral temporal e nomeamento de persoal funcionario interino ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do INORDE.

O obxecto das bases é regular a convocatoria e o procedemento de elaboración e aprobación dos listaxes previos pra contratación de persoal laboral temporal e o nomeamento de persoal funcionario interino ao servizo da Deputación Provincial de Ourense e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) nas categorias profesionais que se especifican na base 2ª, en cumprimento do estabelecido na Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense aprobada na sesión plenaria do 29 de xulho de 2014 e publicada no Boletin Oficial da Provincia do 1 de agosto de 2014.

Os listaxes previos serán de aplicación para a selección de persoal laboral temporal ou funcionario interino, das categorías profesionais que se sinalan a seguer, correspondentes ao subgrupo C2 e ás agrupacións profesionais sen requisito de titulación da Deputación Provincial e do Inorde. Fanse constar igualmente as titulacións esixidas para cada categoría profesional.

A) Categorías profesionais pra funcionarios/as interinos/as:

. Auxiliar administrativo/a (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Auxitiar técnico/a de recadación e xestión tributaria (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Auxiliar informático/a (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Chófer de Presidencia (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente. Carné de conducir B. Postos de destino: chofer de Presidencia.

- Subalterno/a (agrupación profesional sen requisito de titulación).

B) Categorias profesionais para persoal laboral temporal:

- Profesor/a de percusión (C2). Titulacion: graduado en ESO ou equivalente.

- Axudante do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Axudante de imprenta (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Axudante de escenario, luces e son (C2). Titulación: graduado en ESQ ou equivalente.

- Maquinista de sala teatral (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Axudante de obras e servizos (C2). Tituladón: graduado en ESO ou equivalente.

- Auxiliar de servizos (C2) . Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Auxiliar de servizos de recolhida de animais abandonados (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Auxiliar técnico/a de obras (C2). Titulación: graduado en ESQ ou equivalente.

- Auxiliar técnico de laboratorio (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente. Carné de conducir de clase C e certificado de aptitude profesional.

- Chofer especialista (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente. Carné de conducir de ctase C e certificado de aptitude profesional.

- Albanel (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Mecánico/a. Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Electricista. Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Soldador/a (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Chapista (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Pintor/a (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Capataz de explotacións agropecuarias (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Capataz de zonas verdes e limpeza viaria (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Tractorista (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente . Carné de conducir ctase B.

- Condutor/a especialista de explotacións agropecuarias (C2). Titulación: Graduado en ESO ou equivalente. Carné de conducir de ciase C+E e certificado de aptitude profesional.

- Bombeiro/a-condutor/a (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente. Carné de conducir ctase C e certificado de aptitude profesional.

- Construtor/a de gaitas e instrurnentos musicais tradicionais de Galiza (C2). Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Monitor/a deportivo/a de sala de fitness. Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Monitor/a de tecer no rural. Titulación: graduado en ESO ou equivalente.

- Operario/a do Centro de Cuttura Popular Xaquin Lorenzo Fernández (agrupación profesional sen requisito de titulación)

- Operario/a de mantemento (agrupación profesional sen requisito de titulación).

- Telefonista (agrupación profesional sen requisito de titulación).

- Axudante de soldador (agrupación profesional sen requisito de titulaclon).

- Legoeiro/a (agrupación profesional sen requisito de titulación).

- Pión agrícola (agrupación profesional sen requisito de titulación)

- Operario/a sen cualificar (agrupación profesional sen requisito de titulación).

- Operario/a limpador (agrupación profesional sen requisito de titulación).

- Porteiro/a (agrupación profesional sen requisito de titulación).

Existirá un listaxe previo para cada umha das categorias de persoal laboral e funcionario sinaladas no apartado anterior.

Os listaxes previos terán carácter permanente e vixencia indefinida, sen prexuízo da súa renovación anual conforme co establecido no apartado 10 do artigo 5 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial. 

Os listaxes previos terán carácter único para a Deputación Provincial e o Inorde.

Terán dereito a ser incluídas nos listaxes todas as persoas que reúnan os requisitos legais para o acceso ao emprego público nas categorias profesionais correspondentes.

Os integrantes do listaxe correspondente a cada categoria profesional poderán ser chamados para desempenhar calquera posto de traballo reservado a esa categoría profesional na Relación de postos de trabalho da Deputación.

O ámbito territorial dos listaxes, con carácter xeral, será único, e a inclusión niles determinará a posibilidade de que os
seus integrantes sexan chamados para o desempenho de postos da categoria correspondente en centros de trabalho situados nos municípios da comarca de Ourense.

Malia o anterior, establécense listaxes específicos pras categorias e ámbitos territoriais que se indican:

a) Constituirase un listaxe diferenciado para cada umha das comarcas nas que se divide a provincia, para as seguintes categorias: auxiliar administrativo/a, auxiliar técnico de recadación e xestión tributaria, axudante de obras e servizos, auxiliar de servizos, condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, chofer-especialista, albanel, capataz de zonas verdes e limpeza viaria, legoeiro/a e operario/a sen cualificar.

b) Constituiranse listaxes diferenciados pras comarcas de Ourense, Allariz-Maceda e A Limia (un listaxe por comarca) para as seguintes categorias profesionais: capataz de explotacións agropecuarias, tractorista, condutor/a especialista de explotacións agropecuarias e pión agrícola.

c) Constituiranse, ademais listaxes diferenciados pras comarcas de Valdeorras, A Limia, Baixa Limia, O Carballino e O Ribeiro (un listaxe por comarca) pra seguinte categoria profesional: auxiliar de servizos de recolhida de animais abandonados.

Malia o anterior, se durante o período de vixencia dos listaxes:; xurdise a necesidade de establecer novos ámbitos territoriais para determinadas categorias profesionais, a Presidencia, previa informe da Comisión de Control e Seguimento, poderá formar eses listaxes territoriais coas persoas inscritas nas categorias que correspondan nos listaxes existentes que manifesten a súa vontade de integrarse nos devanditos listaxes territoriais. 

Os listaxes previos elaboraranse consonte cos criterios estabtecidos na base 8ª.

Preme no PDF situado debaixo da foto da esquerda pra descarregar as Bases completas e os formularios de inscrición

Volver