Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG VOLTA A SOLICITAR Á INSPECCIÓN DE TRABALHO QUE CONTROLE AS MEDIDAS DE SEGURIDADE DA LINHA DO AVE

04 Ago 2014

O día 3 de Agosto do 2014 produciuse un incendio, sen consecuencias, no interior do Túnel do Corno (Cerdedelo)

A CIG ten constatado, dende o inicio das obras do AVE graves incumprimentos das adxudicatarias e das súas subcontratadas contra os dereitos dos trabalhadores e das trabalhadoras, tanto en materia de prevención de riscos laborais, como en materia laboral de seguranza social.

As xornadas que se realizan nos talhos superan as 12 horas diarias, sen respectar o descanso mínimo entre xornadas. Os trabalhadores/as non reciben compensacións por horas extras, nen son formados en prevención de riscos laborais, alén de que formalmente se lhes proporcine algun cursilho instantáneo pra cubrir o expediente. A precaridade na contratación é absoluta, formalizándose centos de pequenos contratos en defraudamento de lei, no melhor dos casos, por canto, en moitas ocasións, nen sequera se dá de alta aos trabalhadores/a na seguridade social.

Non existen partes de trabalho, nen de xornada, na maioría das empresas subcontratadas, co obxecto de agachar as xornadas e condicións reais dos trabalhadores e trabalhadoras contratados.

Non hai representación legal dos trabalhadores, nen se conhecen os membros dos Comité de Seguridade e Saúde laboral as obras.

Estas son as relacións laborais que o Goberno do Partido Popular reservaba para os trabalhadores e trabalhadoras e, así, é como imos saír da crise. Algúns coas contas de resultados ben saneadas, mentres a maioría exposta a condicións de seguridade e de trabalho do século XIX.

No caso que nos ocupa, o incendio produciuse moi perto dun depósito de 101 detonadores de explosivos; cuestión que debería ser suficiente para provocar umha intervención exhaustiva da Inspección de Trabalho e Seguranza Social.

Volver