Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A CIG VIRTUAL VENCEDORA DAS ELECCIÓNS SINDICAIS NO CONCELHO DE MACEDA (CIG: 4, CSI.F: 1)

16 Xun 2014

O árbitro da Oficina Electoral dá a razón á CIG e anula a candidatura da CSI.F ao colexio de E.N.C.

O árbitro designado pola Oficina Pública de Eleccións Sindicais de Ourense, ven de ditar un laudo, polo que decidiu anular a candidatura presentada pola CSI.F ao Colexio de Especialistas e non Cualificados/as do proceso electoral sindical do Concelho de Maceda; tornando á CIG en virtual vencedora das Eleccións Sindicais do Persoal Laboral.

Malia as graves irregularidades cometidas no proceso electoral do Colexio de Especialistas e non Cualificados/as do Concelho de Maceda, admitíndose como candidato da CSI.F. a un ex trabalhador, retirándoo da candidatura fora de prazo e, finalmente, permitindo exercer o voto ao mesmo ex trabalhador retirado da sinalada candidatura, o árbitro sindical designado pola Oficina Pública de Eleccións Sindicais de Ourense ven de estimar os argumentos da CIG, declarando nulos os acordos da Mesa Electoral, así como NON PROCLAMÁBEL A CANDIDATURA DA CSI.F

Os efectos da decisión arbitral deben levar á Mesa Electoral do Colexio de Especialistas e Non Cualificados/as a retrotraer o proceso ao momento de proclamación definitiva de candidaturas, a proclamar a única candidatura válida: a da CIG e a sinalar un día pra nova votación nise Colexio.

En consecuencia, a CIG é a virtual vencedora das Eleccións Sindicais no Concelho de Maceda cos seguintes resultados:

Representantes CIG:

Xosé Lois del Campo Prol

Lorena Sánchez López

Anxo García Delgado

Raquel Fernández Araujo

Representantes CSI.F:

Antonio Fernández Fernández

PARABÉNS A TODOS OS TRABALHADORES E TRABALHADORAS DO CONCELHO QUE OPTARON POLA CIG

Volver