Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Solicitude, Sentenza de Morte e outros Docs. históricos
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG SOLICITA AO CONCELHO DE VERIN A CONCESIÓN DE DISTINCIÓNS E MODIFICACIÓN DE RÚAS A FAVOR DOS CONDENADOS E FUSILADOS NA CAUSA 1021/1936

22 Xul 2014

Os Responsábeis da CIG na Unión Local de Verín e A Limia presentaron no rexistro do Concelho de Verin a solicitude de honores e distincións

O 20 de xulho de 1936 a milicia popular formada polo concelho de Verín e a súa corporación tomou o control da vila pra defender á legalidade fronte ao fascismo.

O 22 de xulho de 1936 a milicia popular foi desarmada por umha columna do exército e da garda civil procedente de Ourense.

O 22 de maio de 1937 un conselho de guerra condenou a 21 vicinhos de Verín, por un suposto delicto de rebelión militar, a penas que foron dende a morte, para 5, a prisión de entre 15 e 20 anos, para os restantes.

O 17 de xunho de 1937 foron fusilados o Alcalde de Verín: Carlos Reino Caamanho, o Tenente Alcalde: Juan Antonio Diéguez Álvarez, o Concelheiro: Ernesto Ramos Méndez, o industrial Lino García Vázquez e o sindicalista Sixto Salgado Farinhas, condeados por rebelion militar.

O 22 de xulho de 2011 a CIG celebrou a 1ª homenaxe ás vítimas do franquismo en Verín.

O 22 de xulho de 2014 a CIG solicitou, no rexistro do Concelho de Verín, en base ao Regulamento de Honores e Distincións do Concelho, a concesión dos seguintes honores e distincións:

1.- Nomeamentos propostos pros condenados pola Sentenza Militar de 22/05/1937 (Causa 1021/1936):

* FILHOS PREDILETOS DO CONCELHO DE VERÍN (naturais do Concelho de Verín):

  1. JUAN  ANTONIO ÁLVAREZ DIÉGUEZ 
  2. ERNESTO RAMOS MÉNDEZ 
  3. SIXTO SALGADO FARINHAS
  4. MANUEL CADAVID GARCÍA 
  5. LUÍS ÁLVAREZ LOSADA 
  6. MANUEL SOLA PAREJA 
  7. ENRIQUE CARDOSO GANDOSA 
  8. ADOLFO IGLESIAS RODRÍGUEZ 
  9. CONSTANTINO GAGO GAGO 
  10. RAMÓN QUINTAS GONZÁLEZ 
  11. FRANCSICO VAZ ÁLVAREZ 
  12. CELSO BLANCO CASTRO 
  13. MANUEL CABIDO RODRÍGUEZ 
  14. GREGORIO BARREIRAS MARTÍNEZ 
  15. JOSÉ SOLA PAREJA 

* FILHO ADOPTIVOS DO CONCELHO DE VERÍN (naturais doutras comarcas de Galiza):

  1. CARLOS REINO CAAMANHO
  2. LINO GARCÍA VÁZQUEZ 
  3. PEDRO JUSTO CASTRO 
  4. RICARDO GONZÁLEZ GONZÁLEZ 
  5. JOSÉ PÉREZ DELGADO 
  6. GERARDO RODRÍGUEZ BARJA

2.- Distincións propostas pros executados en base á Sentenza Militar de 22/05/1937 (Causa 1021/1936): 

* Modificación da denominación da actual Praza do Concelho pola de: PRAZA DO ALCALDE CARLOS REINO CAAMANHO.

* Modificación da denominación da actual Rúa Deputación pola de: RÚA DE LINO GARCÍA VÁZQUEZ.

* Modificación da denominación da actual Rúa Pedro González Prada pola de: RÚA DE SIXTO SALGADO FARINHAS.

* Modificación da denominación da actual Rúa Elhe pola de: RÚA DE XOAN ANTONIO ÁLVAREZ DIÉGUEZ.

* Modificación da denominación da actual Travesa Elhe pola de: RÚA DE ERNESTO RAMOS MÉNDEZ.

3.- Insignia d'ouro do Concelho de Verín: 

* Concesión da insignia d'ouro do Concelho de Verín a todas as persoas executadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas durante o Franquismo, naturais do Concelho de Verín.

4.- Placa conmemorativa:

* Colocación dumha Placa conmemorativa na fachada do Concelho de Verín, co seguinte redactado:

“O Concelho de Verín en lembranza de todos os homes e mulheres executados/as, asesinados/as, fuxidos/as, violadas, humilhadas e represaliados/as polo réxime franquista”.

Volver