Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG SAÚDE OURENSE SOLICITA A DEMISIÓN DO RESPONSÁBEL DA XESTIÓN SANITARIA DE ATENCIÓN PRIMARIA DA ÁREA DE INFLUENCIA DO HOSPITAL DE VERÍN

04 Xul 2018

Denuncian publicamente o que está a acontecer na comarca con respecto a catastrófica xestión na atención das urxencias de Atención Primaria en A Gudiña, A Mezquita e Verín

A CIG SAÚDE OURENSE leva tempo advertindo da necesidade de gardas de presenza física na Gudiña/Mezquita, considerado área especial pola súa dispersión xeográfica e distancia do P.A.C. e do hospital de Verín. Ditas gardas foron substitutas por gardas localizadas, situación que xa nos parecía insuficiente.

Dende CIG SAÚDE OURENSE, denuncian que a situación actual e de extrema gravidade xa que a xestión feita pola dirección de Atención Primaria, baseándose na falta de efectivos en época estival, levou a eliminar a presenza ou localización do médico na zona de Gudiña/Mezquita, obrigando a todos os doentes de atención urxente a desprazarse a Verín, ou en caso de emerxencia a desprazar un médico do P.A.C. de Verín o punto de atención.

Decisión que este fin de semana creou unha situación laboral estresante e de inseguridade para os profesionais da saúde, xa que tiveron que desprazarse a varias emerxencias a distintos puntos dos concellos de A Gudiña e Mezquita. Isto supón unha atención médica a estes doentes cun atraso de unha hora e ademais deixar o PAC de Verín durante un mínimo de dúas horas con só un médico responsable da atención para toda a área de influencia do PAC (Dende Xinzo ata A Gudiña).

CIG SAÚDE OURENSE denuncia a descoordinación na mobilización de medios, chegando a estar as dúas ambulancias do 061 de A Gudiña e Viana na atención a unha emerxencia sen facultativo, chegando este despois na ambulancia de Verín.

O longo do fin de semana foi tal a descoordinación que se creou unha situación de caos totalmente insostible tanto para os profesionais como para a calidade na atención os doentes.

Situación que ben dada por unha mala xestión por parte da dirección de Atención Primaria na cobertura de profesionais, menosprezando e deixando unha zona como A Gudiña/Mezquita sen cobertura médica e mermando a atención no PAC de Verín cando nestas datas estivais o aumento da poboación e polo tanto da demanda, o lóxico seria reforzar con máis profesionais ditos servizos. Co seu descoñecemento ou a súa ineptitude fai o contrario, eliminando profesionais e dando lugar a esta situación alarmante.

Por todo isto,  dende CIG SAÚDE OURENSE, dada a gravidade dos feitos, pedimos a dimisión da persoa responsable para que non se volva a repetir unha situación semellante.

Volver