Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG REVALIDA OS RESULTADOS NAS EE SS DE ROBERTO VERINO

23 Xul 2019

Segue a ser a única forza sindical na empresa

A Unión Local da CIG Verím A Limia revalidou a maioría absoluta nas eleccións sindicais que se celebraron na empresa Roberto Verino, a empresa máis representativa do téxtil na comarca e unha das máis fortes da provincia. Obtivo @s tres delegad@s que estaban en xogo.

Deste xeito consolídase, máis se cabe, o traballo sindical realizado e refórzase o compromiso da central para a conservación e mellora dos dereitos nas condicións laborais da empresa.

Dende a CIG Verím queren agradecer a confianza posta polo plantel na candidatura do sindicato, candidatura que foi única e obtivo 34 dos 37 votos en xogo.

Volver