Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Comunicación da CIG ao Subdelegado do Goberno
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG REQUIRE AO SUBDELEGADO DO GOBERNO A APERTURA DUMHA INVESTIGACIÓN SOBRE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO AVE

18 Mar 2015

O sindicato esixe ás autoridades gobernativas umha intervención imediata e a readmisión de todos/as os despedidos/as

A Unión Local da CIG de Verín e A Limia considera que a acción, revelada, no día de hoxe, polo xornal "La Voz de Galicia" e protagonizada por varias empresas do AVE, consistente en pechar os talhos das obras da linha do AVE como medio de presión pra conseguir certos obxectivos económico-empresariais, podería estar a vulnerar o dereito ao trabalho, constitucionalmente protexido, e, mesmo, a incorrer numha situación de PECHAMENTO PATRONAL ILEGAL, proscrita polo RD 17/1977, de 4 de Marzo sobre relacións de trabalho.

Preme no PDF pra descarregar a comunicación dirixida pola CIG ao Subdelegado do Goberno en Ourense

Volver