Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG REITERA A SÚA DENUNCIA SOBRE AS LAMENTABEIS CONDICIÓNS LABORAIS NAS QUE SE ATOPAN OS PARQUES DE BOMBEIR@S

21 Out 2015

A negativa da Xunta de Galiza a negociar umha solución á situación na que se atopan os parques de bombeir@s de xestión privada coloca o servizo numha situación límite

Dende a Confederación Intersindical Galega de Monterrei-A limia condenamos por enésima vez a actitude de desidia e absoluto desprezo que se ven manifestando pala Xunta de Galiza diante da situación que soportan os trabalhadores e trabalhadoras de todo o Pais que desenvolven o seu labor nos diferentes parques de bombeiros/as que funcionan con xestión privada.

Na CIG de Verín xa denunciamos en moitisimas ocasións que os trabalhadores/as que prestan servizos como bombeir@s nestes parques, están sometidos, dende sempre, aos desexos caprichosos das diferentes empresas que o longo de Galiza os xestionan, resultando ata hoxe imposíbel, por moitas que foron as tentativas dende a parte social, acadar umha regulamentación colectiva homologada para o seu conxunto, que os dote dunhas condicións laborais e económicas semelhantes en toda Galiza.

Ao contrario das propostas sindicais e da unanimidade dos trabalhadores/as, a Xunta de Galiza empenhouse en impor o seu catecismo de manter e continuar coa privatización deste servizo, que calquera, independentemente da súa posición ideolóxica, entende que é imprescendíbel para o conxunto da cidadania; e que xa está máis que contrastado, avaliando custes e resultados, que a opción de tornalos en públicos sería a máis beneficiosa e menos gravosa para os vecinos e vecinas do país.

A desidia e prepotencia, sen esquecer a completa falha de talante negociador dos responsábeis da Xunta de Galiza neste eido obrigaron ao conxunto de todos os bombeiros/as galegos que trabalhan en parques con xestión privada a iniciar umha folga, con carácter indefinido, xa hai uns cantos meses.

Esta mesma falha de intención negociadora da Xunta de Galiza e a súa desidia e prepotencia son as responsábeis de que non se estean a levar adiante actuacións como o simulacro do plan de autoprotección no Hospital de Verín, no que esta semana tería participado a quenda de garda do Parque de Bombeiros e Verín e o persoal das diferentes estructuras da instalación hospitalar.

A Xunta de Galiza segue a escudarse no seu conhecemento de que diante dumha situación extrema onde estean en risco persoas e as súas propiedades. estes bombeiros/as, independentemente da situación de folga legal na que se atopan, sería os primeiros que se presenta voluntarios para intervir nos incidentes; mais á Xunta de Galiza segue a importarlhe un caralho que o seguimento unánime en todo o pais desta folga impida actuacións, como a do Hospital de Verin, que resultarian un beneficio para a cidadania.

Volver