Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG RECLAMA O INCREMENTO DE DOTACIÓNS E MEDIOS HUMANOS NO PARQUE DE BOMBEIROS DE VERÍN

06 Ago 2015

Tras o incendio do 3 de Agosto na Veiga de Nostre ficaron evidenciadas as carencias do parque de bombeiros

En relación co sinistro ocorrido o pasado luns dia 3 de agosto, no pobo de Veiga de Nostre do Concello de Castrelo do Vai, no que resultaron queimadas completamente dúas casas e outras t res tamén se viron afectadas polo lume, dende a Confederación Intersindical Galega de Verin - A Limia queremos dar a conecer á opinión pública o noso posiciónamento ao respecto.

Lamentamos profundamente, coma non pode ser doutro xeito, os feitos ocorridos, mais denunciamos, outra vez, a situación que atravesa o Parque de Bombeiros da Vila de Verin, entidade coa responsabilidade primeira da intervención neste tipo de sucesos.

En primeiro lugar, debemos felicitar e agradecer o traballo realizado polos Bombeiros do turno de garda do parque e dos seus outros companeiros que a pesar de atoparse nunha situación laboral de folga indefinida, como o resto dos bombeiros dos parques xestionados de forma privada en toda Galiza,se puxeron inmediatamente á disposición do seu mando para colaborar na extinción do incendio, deixando nun segundo lugar as súas lexitimas reivindicacións laborais, que xa venen de vello, e que o que pretenden e a mellora sustancial do servizo á cidadania que se presta dende os diferentes parques de bombeiros galegos.

Ó tempo facemos un chamamento a todos/as os/as responsables, tanto das diferentes empresas como do Goberno da Xunta de Galiza, que tenen responsabilidade na materia, para que dunha vez se senten a negociar cos representantes dos bombeiros para mellora da calidade dun servizo que resulta imprescindible para os galegos e galegas, e que na ClG sempre defendemos que debe ser completamente público.

Co sinistro ocurrido o pasado dia tres quedou máis que claro que en Verin necesitamos unha maior dotación de persoal no parque de bombeiros, que hoxe só conta con tres persoas para cubrir cada turno de garda, para darlle servizo e cubrir as necesidades dun gran número de núcleos poboacionais espallados ao longo e ancho dunha enorme extensión xeográfica.

Non cabe dúbida de que son de agradecer as colaboración prestadas polo persoal doutros organismos(persoal de incendios forestais,GES de A Gudina, emerxencias de Laza, etc.), pero a cidadania, todos/as debemos ser conscientes de que o apoio destes medios externos,pola súa formación, preparación e competencias non intervenen directamente nos lumes urbanos, e non é suficiente.

Por outra banda, no parque de Verín bótanse en falta medios materiais, coma poden ser coches adaptados ás necesidades máis especificas da realidade coa que se tenen que enfrontar a dia rio os bombeiros nas súas intervencións: hai que recorrer grandes distancias e meterse en núcleos poboacionais con rúas estreitas e accidentadas, que fan necesarios coches máis potentes e pequenos para darlle eficacia ao servizo. Esta situación ainda se agrava máis na época de verán, con altísimas temperaturas, que desgraciadamente se caracteriza por incendios forestais diarios, que tantas veces ponen en perigo a integridade das casas e das persoas destes pobos, e que fan necesaria a intervención dos profesionais do parque de bombeiros.

Rematamos este comunicado lembrándolle ós/ás diferentes responsables da xestión do parque de bombeiros de Verín, incluído o seu Xerente e ó senor Presidente da Deputación que xa fai tempo que lIe solicitamos diferentes reunións para abordar os temas que se denuncian neste comunicado sen que ate o momento tenamos tido ningunha resposta.

Volver