Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG RECLAMA EN VERIN MEDIDAS DE SEGURIDADE NAS OBRAS DO AVE

21 Out 2018

O pasado 19 de Outubro a CIG realizou 2 concentracións en Verín e en Cerdedelo (Laza)

O día 19 de Outubro, convocados pola FCM da CIG, concentráronse en Verín e Cerdedelo (Laza) traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG para reclamar medidas de seguridade nas obras de construción da liña do AVE ao seu paso pola provincia d'Ourense.

Tras 9 accidentes con resultado de morte nas obras de construción da liña do AVE ao seu paso pola provincia d'Ourense e, especialmente, ao seu paso pola Comarca de Monterrei, a Federación de Construción e Madeira da CIG quixo das relevancia pública a uns accidentes de traballo que están a ser agachados ou, polo menos, minorizados polas autoridades que, ao cabo, son as promotoras das citadas obras de construción do camiño de ferro.

Varios centos de traballadores/as concentráronse en Verín, fronte á casa do Concello, gardando 1 minuto de silenzo na memoria do condutor falecido o pasado día 10 de Outubro na Parroquia do Prado, entre os Concelhos de Laza e Vilar de Barrio. Posteriormente, desprazáronse aos tallos do camiño de ferro, en Cerdedelo, e detiveron, simbolicamente, as obras, como xesto de protesta ante a precaridade laboral e o exceso de xornadas que se veñen impondo dende hai anos aos traballadores/as e que, ao cabo, son as que provocan moitos dos múltiplos accidentes de traballo que arreo se producen na construción da liña do AVE.

A CIG, que xa ten interposta unha denuncia penal nos xulgados de Verín para que se investiguen as mortes de traballadores/as nises centros de traballo, anunciou que formulará unha segunda denuncia penal para que se investigue o accidente do último traballador morto no AVE, o companheiro: I.B.G.

 

Volver