Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG PIDE O VOTO PARA A SÚA CANDIDATURA NA E P SEAGA

25 Xul 2018

Resaltan todo o traballo sindical realizado nos últimos catro anos

A CIG fai un chamamento ó apoio da candidatura presentada que concorrerá ás eleccións sindicais do vindeiro martes 31 de xullo. Resaltan todo o traballo desenrolado polo sindicato nos últimos catro anos, e remarca a actitude de absoluto pasotismo que mantiveron os outros sindicatos que componhen o comité de empresa. Istas son algunha das melloras conseguidas:

Conseguimos que os Xulgados d’Ourense tornarán a indefinidos/as en incendios a mais de 80 traballadores/as que estaban irregularmente como contratados temporais.

Conseguimos que os Xulgados d’Ourense pagaran os pluses de horas extras e nocturnidade dos anos 2014, 2015 e 2016 a mais de 100 traballadores/as, cada ano, aos que obrigaban a facer horas extras e nocturnas e non llas retribuían.

Conseguimos que a SEAGA tivera que recoñecer un Plus de Nocturnidade para todos os traballadores/as, tras a presión que lle metemos demanda tras demanda.

Conseguimos que os Xulgados d’Ourense tornarán a indefinidos/as na selvicultura a mais de 20 traballadores/as que, malia seren indefinidos de incendios, eran contratados temporalmente para obras e labores selvícolas.

Conseguimos que a mais de 30 traballadores/as se lle pagasen os pluses de desprazamentos por cambios de distrito, que non se lle aboaban.

Conseguimos paralizar varios expedientes disciplinarios impostos inxustamente.

Atendemos a todos os traballadores e traballadoras que nos demandaron asesoramento sen mirar de onde eran, de quen eran, nen onde estaban afiliados/as.

O PRÓXIMO 31 DE XULLO, CO TEU VOTO, PODES ESCOLLER ENTRE O FEITO POLA CIG OU O FEITO POLOS OUTROS. TI DECIDES, QUE NON O FAGAN POR TI !!!

Volver