Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG OURENSE DENUNCIA PÚBLICAMENTE OS DESPEDIMENTOS DE SOCIEDAD TEXTIL LONIA DURANTE O 2018

10 Xan 2019

Os dados indican que pode chegar a ser un ERE encuberto

Pechouse 2018 en SOCIEDAD TEXTIL LONIA S.A. segundo datos da propia empresa, cun total de 46 despedimentos e 71 baixas voluntarias, nun cadro de persoal que ronda a media dos 750 postos de traballo permanentes, o que significa que máis do 15% do total da plantilla desapareceu da nómina de STL e foi cuberta practicamente por outras tantas persoas que entraron de novo.

En aparencia podería parecer unha rotación relativamente natural. Sen embargo chama poderosamente a atención o seguinte:

  1. Despedimentos: A práctica totalidade afectaron a persoas con moita antigüidade e con formación contrastada. STL utilizou a figura do “despedimento disciplinario” e sen discutir os feitos, conciliou na Unidade de Mediación Arbitraxe e Conciliación e pagou a máxima indemnización legal posible. Calculamos en ao redor de 900.000 € neste capítulo, o que nos parece un dispendio e un desplifarro absolutamente innecesario, máxime cando, insistimos, a maioría dos despidos foron de persoal veterano e experimentado.
  2. Baixas voluntarias: Non deixa de sorprendernos que máis de setenta persoas abandonen voluntariamente o seu posto de traballo nos tempos que corren, cando a oferta de emprego no sector téxtil non está precisamente pasando polos seus mellores momentos en Ourense.

Desde a Confederación Intersindical Galega desconfiamos que detrás destes asombrosos datos se agoche un ERE encuberto, por un lado (o Estatuto dos Traballadores establece a barreira do 10% do cadro de persoal para definir un despido colectivo) e unha muda de persoal a base de desfacerse de traballadores fixos e contratar a outros colectivos que aporten beneficios fiscais, subvencións da Administración ou bonificacións nas cotas da S. Social.

Denunciamos polo tanto esta destrución de emprego fixo e a súa substitución por emprego máis precario. Dóenos especialmente que sexa unha empresa ourensá, a primeira da provincia e das maiores de Galicia na industria téxtil,  quen execute esta política.

Por último, queremos constatar novamente o enorme contraste que existe entre o “glamour” de certas prendas de grandes e coñecidas marcas, coa realidade que hai detrás das etiquetas, dos procesos industriais, e das persoas que fan posible que eses modelos luzan nos escaparates.

Volver