Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG ORGANIZA VARIAS CHARLAS PARA O PERSOAL DO SPDCIF SOBRE "OS LUMES DE CONVECCIÓN"

23 Xul 2018

Desenvolveranse en Verín, Ourense e O Barco

A CIG dentro da campanha de reivindicación dunha maior formación e profesionalización do persoal do Spdcif, continúa a desenrolar diversas actividades. Logo de esixir por tódalas vías posíbeis, mediante escritos, denuncias en inspección de traballo, prensa, e propostas parlamentares,e diante da inoperancia manifesta da Xunta nestes senso, optamos por facilitar información @s traballador@s diante da campaña de alto risco que xa temos enriba. Continuando coas charlas xa realizadas en anos anteriores e concretadas nos cadernos de formación un e dous, "O manexo da auga nos incendios forestais", e "o contralume", desta vez centrarémonos en " Os lumes de convección".
Ao igual que nas anteriores edicións, farémolo en varias datas e lugares. A duración roldará as 2 horas.

DATA E LUGAR:
XOVES 26 DE XULLO :
Ás 11:00, no Distrito XIII, O Barco de Valdeorras, en Casa Viloira.
Ás 17:00, en VERÍN , no local sindical da CIG (Pedro González 5, 1º)


MARTES 31 DE XULLO:
ÁS 17:00 HORAS NOS LOCAIS SINDICAIS DA CIG EN OURENSE (Parque de San Lázaro)

Volver