Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG OBTÉN REPRESENTACIÓN SINDICAL NA MULTINACIONAL OFFICE DEPOT

11 Xan 2018

Consegue unha delegada nas eleccións sindicais celebradas hoxe

A CIG consegue obter representación dunha delegada no comité de empresa, nas eleccións sindicais celebradas hoxe na sucursal que a multinacional americana Office Depot ten nas aforas da cidade de Ourense. Non foi quen o medo de anular a vontade das traballadoras, que contra vento e marea, se mantiveron firmes e deron o seu voto a opción que realmente representa a defensa dos seus dereitos. Dende a candidatura da CIG, indican que queren facer sabedoras a todas aquelas persoas que depositaron ó seu voto a esta opción, que defenderán os intereses das compañeiras, e queren tamén agradecer o apoio recibido.

Volver