Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG OBTÉN A MAIORÍA NAS EE SS DE MCDONALD´S EN OURENSE

06 Abr 2018

As presións e coaccións do empresario non foron quen de dobregar a vontade d@s traballador@s

A CIG vén de obter a maioría da representación sindical na empresa “DAMA OURENSE, S.L.”, franquía ourensá de McDonald's, obtendo dous dos tres representantes a elixir.

Esta vitoria prodúcese a pesar da intromisión ilexítima do administrador único, Esteban Cuesta Martín, que se empregou a fondo presionando, coaccionando, provocando e hostilizando a todo o cadro de persoal, persoa por persoa e de forma colectiva, inmiscuíndose, de forma ilegal, no proceso electoral, conculcando e pisoteando os dereitos fundamentais e a dignidade das persoas. Como consecuencia desta inaceptábel actuación, os servizos  xurídicos da CIG están estudando as accións legais a interpoñer, tanto no ámbito laboral coma no penal, por posíbeis delitos contra a liberdade sindical, os dereitos das traballadoras e a dignidade das persoas. A concreción destas actuacións legais darémolas a coñecer na próxima semana.

 

Volver