Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG MANTÉN A CONVOCATORIA DE FOLGA NA E P SEAGA

10 Set 2018

Faino despois de reunirse hoxe coa Función Pública

A CIG SEAGA mantivo hoxe unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública, Secretaría Xeral do Medio Rural e o Director Xerente da E P Seaga . Esta xuntanza tivo lugar pola presión que supón a convocatoria de Folga que existe nesta empresa pública. "Non cabe dúbida de que a mobilización levada a cabo pola CIG é o que nos permite ás/aos representantes do persoal poder reunirnos e transmitirlle a Función Pública e a Consellaría de Medio Rural as demandas de todos e todas as traballadores e traballadoras de SEAGA", aseguran.

Na mesma xuntanza confirmaron que a campaña do 2018 é a derradeira para a E P SEAGA en extinción de incendios; dado que a campaña que ven está orzamentada para manter o mesmo nível de emprego, pero para tarefas de prevención ( chámese convenio de faixas, pragas ou encomendas doutro tipo).

Informan tamén, que en canto a modificación do Decreto, necesario para que se puntúe o tempo traballado na extinción nesta empresa pública, trasladámoslles a necesidade de iniciar xa esa modificación. Oficialmente xa se mostraron dacordo no relativo a modificar este Decreto , pero insisten en que os sindicatos da Función Pública (CCOO, UGT , CSIF  E CIG) teñen que solicitalo por escrito ante F. P. A CIG aproba esa disposición inmediata para modificar este decreto pero a CIG Administración xa rexistrou ante F. P. o 21 de xuño un escrito no que pide a puntuación abrindo para elo unha negociación para modificar o decreto, escrito  no que volverán a incidir. Aseveran, que, neste punto toca saber que van facer CCOO E UGT, sindicatos con representación na Mesa de F. P. e con representantes nos Comités de SEAGA. Van a pedir por escrito a puntuación ? Van a pedir a modificación do Decreto?  Que pasa con estes sindicatos porque non actúan en defensa dos traballadores e traballadoras de SEAGA ? Só lles preocupan os días de asuntos propios ? .

Na CIG expoñen que "Temos claro que esta reunión de hoxe non tería existido de non ser polas mobilizacións que tiñamos para maña e pola convocatoria de Folga. Se algún/ha o dúbida que  bote a vista atrás a primeira xuntanza con FUNCIÓN PÚBLICA viu despois da concentración o día das probas físicas  outra vez  convocada pola CIG en solitario. Xa é hora de que todos e todas tomemos posicións por escrito e por rexistro para deixarlle claro a F.P. que os Sindicatos que teñen representación en SEAGA buscamos o mesmo .  A CIG xa o fixo por escrito e por rexistro.Agora que falen outros e outras".

Asemade, solicitan da Función Pública que convoque con día e hora esa Mesa Negociadora e non a sega a dilatar máis no tempo. "Esta nas súas mans  a suspensión da folga, a día de hoxe non temos data, mais estaremos atentos e informaremos si existe algunha chamada para esa negociación".

Polo tanto FOLGA indefinida dende o 16 de setembro e convocamos a todo o persoal a unha concentración o 17 de setembro as 11.00 perante o edificio de Función Pública e da Consellería de medio Rural en Santiago de Compostela R/ Camilo Díaz Baliño.

Volver