Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG IMPULSA A APROBACIÓN DO 1º CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL DO CONCELHO DE MACEDA

22 Xan 2018

Na Mesa Xeral de Negociación tamén se aprobou o Acordo de Funcionarios/as e as Bases de Contratación

Na manha de hoxe, día 22/01/18, no ámbito da Mesa Xeral de Negociación do Concelho de Maceda, as partes negociadoras: CIG-CCOO-CSIF e Grupo de Goberno municipal, subscribiron os seguintes acordos:

  • Convenio Colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concelho de Maceda, cumha duración de 4 anos.
  • Acordo Regulador das condicións de trabalo do persoal funcionario do Concelho de Maceda, cumha duración de 4 anos.
  • A maiores, pactouse o texto da futura Ordenanza Reguladora das Bases Xerais de contratación de persoal ao servizo do Concelho de Maceda.

Tais pactos serán sometidos á consideración e aprobación plenaria na sesión do máximo órgano municipal que se ha celebrar o próximo día 25 de xaneiro do 2018.

 Como cuestións salientábeis podemos enumerar as seguintes:

a) O persoal laboral terá o dereito de opción, entre ser indemnizado e ser readmitido no ente local, no caso de ser despedido.

b) O Grupo de goberno adquire o compromiso de non privatización de servizos municipais.

c) Criase o complemento de antigüidade para todo o persoal laboral.

d) Estabelécense complementos de posto de trabalho para o persoal laboral: perigosidade, penosidade, toxicidade, festividade, nocturnidade, especial disponhibilidade, responsabilidade, especial dedicación etc.

e) Críase un premio de xubilación no ámbito do persoal funcionario

f) Recualifícase o complemento específico do persoal funcionario.

g) Institúese o dereito do persoal funcionario a un complemento salarial por invalidez até o momento da xubilación.

A maiores, tamén cabe pór en destaque, en relación coa Ordenanza Reguladora pola que se aproban as Bases Xerais de Contratación que, a partires dagora todas as ofertas de contratación que desexe realizar o Concelho de Maceda deberán ser supervisadas e negociadas, nas súas bases específicas, coa representación sindical, así como publicadas, tanto no BOP, como na páxina web municipal.

Cómpre lembrar que, niste Concelho, no ano 2011 a representación sindical xa alcanzara un acordo de aprobación das mesmas normas que, finalmente, non fora aprobado polo Pleno Municipal, velaí o motivo polo que estes acordos ganhan enorme importancia, tanto dende a prespectiva da política municipal, como dende a prespectiva da regulación das relacións laborais no ente local.

Dende a CIG, sindicato que conta con 5 dos 6 delegados/as nos comités de empresa de Maceda, debemos dar o parabén a todas as partes negociadora porque, nun momento tan complicado para as relacións laborais como o actual, tiveron a paciencia e a audacia de chegar a acordos que se dirixen a estabilizar e melhorar os dereitos dos trabalhadores/as, así como garantir os servizos públicos para os cidadáns/ás e non precarizalos.

Volver