A CIG IMPUGNA OS ORZAMENTOS DO CONCELHO DE VERIN PARA 2017
Formula denuncia contra o aprobamento unilateral dos orzamentos do 2017
Tras múltiplos intentos de que o Grupo de Goberno do Concelho de Verín se avinhese a cumprir os seus propios acordos de negociación, asinados coa representación sindical en Agosto do 2016, ou, polo menos, abrise un proceso negociador novo, dirixido a renovar as normas laborais municipais: Convenio Colectivo de persoal laboral, Acordo Regulador de Funcionarios, RPT e Bases de contratación, hoxendía atopámonos conque esta organización sindical, que representa aos trabalhadores e trabalhadoras do Concelho de Verín, non ten mais remedio que formular alegacións e denuncia contra aprobación unilateral dos Orzamentos do 2017 do Concelho, por falta de negociación colectiva e, por tanto, por violación do disposto nos artigos 37 e 28 da Constitución.
Non só se presentaron, por parte do Grupo de Goberno, os Ozamentos de 2017 a finais do ano 2017, facénodoos na práctica inservíbeis, senón que, por riba, se aprobaron sen negociar (ou aparentando umha negociación inexistente) coa representación dos trabalhadores e trabalhadoras.
Así as cousas, vai ser moi complicado, nista altura da lexislatura, dar cumprimento ao que, cando comezou, se anunciaba: á reordenación das relacións laborais que levan dende 2007 sen actualizar.
É evidente que non é o mesmo "predicar" que "dar trigo". E, infelizmente, na negociación cos trabalhadores/as municipais o Grupo de Goberno do Concelho de Verín predica moito mais do que fai, porque facer, até agora, o único que fixo foi atrancar a necesaria negociación e actualización das normas laborais municipais.
Tras as alegacións formuladas pola CIG o Grupo de Goberno haberá de convocar un Pleno municipal para estimalas ou desestimalas e, niste último caso, a CIG acudiría a presentar demanda perante a xurisdición contencioso administrativa, por falta de negociación, como nas melhores épocas do grupo de goberno anterior !!!.