Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Xabier Rdz. Cerdeiro
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG FORMULA ALEGACIÓNS FRONTE A PROPOSTA ORDENANZA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL TEMPORAL DA DEPUTACIÓN D'OURENSE

13 Abr 2014

O pasado día 11 de Abril de 2014 a Unión Local da CIG de Verín e A Limia formulou as súas alegacións fronte á proposta de Ordenanza de Contratación da Deputación d'Ourense

En pleno proceso de elaboración dumha nova norma, dirixida a regular a contratación do persoal laboral temporal na Deputación d'Ourense, o representante da CIG na institución, membro da Unión Local da CIG de Verín e A Limia, Francisco Xabier Rodríguez Cerdeiro, formulou o pasado día 11 de Abril as alegacións da central sindical.

Entre outras propostas, poden porse en destaque as seguintes:

* Que os Tribunais de Selección do Persoal da Deputación sexan elixidos por consenso das partes representadas na Mesa Xeral de Negociación (sindicatos e administración).

* Que non poidan facer parte dos Tribuanais de Selección, persoas que ostenten cargos directivos en partidos políticos e sindicatos, así como representantes políticos nas institucións públicas.

O certo é que vai ser ben complicado que os actuais dirixentes da Deputación Provincial, onda un Comité de Empresa dócil, adscrito a un sindicato dócil, acepten as propostas da CIG. Facelo, sería tanto como impedir os coadoiros de persoal politicamente afín a que nos ten afeitos/as a institución provincial. 

A próxima semana celebrarase a última xuntaza negociadora e, daquela, olharemos as intencións reais do PP, con esta proposta de norma de contratación, que, moito nos tememos, han ter que ver mais con lavarlhe a cara á institución provincial que con mudar, transparentar e democratizar a política de contratación dos últimos anos.

Volver