Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Programa Electoral
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A CIG, POR 1ª VEZ, ENTRA NO COMITÉ DE EMPRESA DA DEPUTACIÓN CUN GRAN RESULTADO

24 Dec 2015

Con 63 votos de 370 a CIG obtén 2 membros no Comité de Empresa

Non foi suficiente a mobilización de case todo o persoal da Deputación Provincial (370 votantes de 420 electores/as) pra evitar que exista, por 1ª vez, umha representación real dos trabalhadores e trabalhadoras no Comité de Empresa de tal AAPP. Con 63 votos, de 370 emitidos, a CIG obtivo dous valiosos membros no órgano de representación dos trabalhadores/as que han server para tentar deter as diversas operacións de privatización de servizos públicos, postas en marcha polo actual goberno provincial. Abofé o Comité de Empresa está integrado por outras opcións sindicais: CSI.F (6 delegados/as), CCOO (4 delegados/as) e USO (1 Delegado); mais as tres, con excelentes relacións co actual goberno de Manuel Baltar.

Parabéns aos representantes da CIG que souberon organizar a candidatura, manterse fronte ás presións e conseguir que 63 companheiros/as optaran polo sindicalismo sen ataduras da nosa organización.

Se queres descarregar o programa electoral da CIG preme debaixo da foto

Volver